La escalera de papel. Los primeros pasos hacia el Goya (2016)

La escalera de papel. Los primeros pasos hacia el Goya (2016)

Cunha linguaxe amena, repleta de anécdotas, citas e experiencias persoais, o autor explica os trucos prácticos que el emprega para evitar o medo á páxina en branco ou á procrastinación, por exemplo, así como inxeniosos procedementos para incentivar a imaxinación e xerar ideas, redactalas correctamente e traballar estruturas, personaxes e diálogos por etapas, subindo unha escaleira de nove tramos, gozando do ascenso, coma se dun divertido xogo se tratase. Grazas á súa faceta como produtor, o autor tamén nos explica os seus métodos e consellos para facilitar a venda e a comercialización dun guión.

COMPRAR

Os mortos van á présa (2009)

Os mortos van á présa (2009)

Guión cinematográfico en clave de comedia desenfadada e costumbrista que conta a historia de Irene, unha camioneira que chega a Fariño do mar, unha pequena vila mariñeira galega na procura de marisco, pero o seu vehículo queda atrancado nunha ponte impedindo o paso ao cemiterio o día que vén de finar o pai de Filomeno, patron maior da cofradía de mariscadores.

COMPRAR

O descenso do derradeiro ocaso (2005)

O descenso do derradeiro ocaso (2005)

Novela breve sobre dúas xornalistas da Televisión de Galicia, Esther e Xema, que viaxan a Trasomundo da Cancela -unha curiosa vila da Raia poboada por unha ampla galería de insólitos personaxes- para prepararen unha reportaxe sobre o culto á morte en Galicia. Alí atoparanse co misterio dun home desaparecido, acontecemento que lle inxectará unha considerable dose de suspense e humor ao relato.

COMPRAR

Compostellanum (2003)

Compostellanum (2003)

Novela histórica de intriga que sitúa a acción no século XII cando o papa Calixto II envía a Compostela ao cardenal Guido de Borgoña para xulgar ao bispo Xelmírez, acusado polo seu pobo de nepotismo, momento no que comezan a producirse unha serie de misteriosos asasinatos que deberán ser investigados polo nuncio papal e o seu asistente, un frade mozo inexperto, coa inestimable axuda dunha intelixente rapariga xudía. Unha época de convulsións sociais e de intrigas señoriais na que se determinou o futuro político de Galicia.

COMPRAR

O conto do aval (2001)

O conto do aval (2001)

Conto breve no que o ratiño Pérez, pide un préstamo ao banco do lobo Feroz para ampliar o seu negocio pero as contas non lle saen como el esperaba.

COMPRAR