Ángel de la Cruz (12 de xuño de 1963, A Coruña) tomou contacto co mundo do cine no ano 1993 como axudante de decoración de Félix Murcia en "Tirano Banderas". Os seus comezos como guionista e director prodúcense entre os anos 1995 e 1997, coa triloxía de curtametraxes "Sitcom Show", "Paranoia digital" e "Aínda máis difícil", todos eles realizados grazas a gañar sucesivos concursos de guión e producidos pola Escola de Imaxe e Son de A Coruña.

Ángel de la Cruz

Dende entón, compaxina traballos de dirección e guión en diversas producións cinematográficas, entre as que destacan a longametraxe de ficción “Os mortos van á présa” (2008) e as longametraxes de animación “O bosque animado” (2001), “O soño dunha noite de San Xoán” (2005) e “Engurras” (2012), todos eles gañadores do Premio Goya á Mellor Largometraxe de Animación. Con “Engurras”, ademais, recibiu o Premio Goya ao Mellor Guión Adaptado..

Ángel de la Cruz tamén publicou diversas novelas, como "Compostellanum" (2003) e "O descenso do derradeiro ocaso", gañadora do Concurso de Relatos por Entregas de La Voz de Galicia (2004).

En 2014 fundou a produtora cinematográfica Ladybug Films, S.L., coa que produce a longametraxe de animación “Memorias dun home en pixama”, ópera prima de Carlos Fernández e Paco Roca baseada no libro de banda deseñada do mesmo título e da que, ademais de produtor executivo, é coguionista co propio Paco e con Diana López Varela.